O pasado 20 de novembro, os dous coxos desplazáronse cos seus compañeiros da clase ó C.E.I.P. Froebel para realizar unha sesión con paracaídas cos rapaces de 2º e 3º de Primaria.
Nada máis chegar atopámonos uns nen@s cunhas ganas terribles de pasalo ben e de disfrutar e por si esto era pouco, cando viron o paracaídas case rebentan da emoción. Xa daba igual a sesión, o éxito estaba asegurado.
Cabe destacar que da gusto traballar con rapaces con tanta disposición para pasalo ben. Como xa dixen, a sesión foi un éxito e ver como os rapaces se che agarran as pernas creo que xa o di todo. Esperemos poder seguir repetindo estas experiencias. Seguiremos informando. Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario